Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo especial (expediente ED-DXEFPIE-03/18 SE).

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

Expediente ED-DXEFPIE-03/18 SE. Contrato administrativo especial, lote único, para a organización e o desenvolvemento de actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa English Week dirixidas ao alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería.

1. Adxudicataria: Hezkide XXI, S.L.

1.1. Orzamento: 418.500,00 euros.

1.2. Data de adxudicación: 7.6.2018.

1.3. Data de formalización: 3.7.2018.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa