Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de xullo de 2018 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 3/2018 tramitado na Xefatura Territorial de Vigo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da propia Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo citado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para comparecer por si ou a través de persoa que a represente. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social; Servizo de Coordinación Administrativa, situada na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

De conformidade co sinalado na proposta de resolución referida, o interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para achegar cantas alegacións considere pertinentes.

Vigo, 16 de xullo de 2018

Sonsoles Bermúdez Pina
Instrutora

ANEXO

Expediente: 3/2018.

Interesado: Emilio Martín Montero.

DNI: *****446 Y.

Acto de notificación: proposta de Resolución do 16 de xullo de 2018.

Precepto infrinxido: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.