Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36746

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018.

Mediante a Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro de 2018), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse as subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade no ano 2018 a través dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B).

b) Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (procedemento SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B).

Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG nº 118, do 21 de xuño) publicouse a resolución pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018.

Así mesmo, publicouse a lista de reserva das 43 solicitudes susceptibles de axuda e que cumprían os requisitos exixidos na convocatoria do Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B), que non se inclúen na proposta de concesión por terse esgotado o crédito dispoñible, para seren atendidas no caso de que quedase crédito libre por producirse algunha renuncia ou ben por ampliación do crédito inicialmente dispoñible segundo o especificado no artigo 2 punto 3 das bases reguladoras.

Mediante a Resolución do 16 de xullo de 2018, da Secretaria Xeral da Igualdade (DOG nº 142, do 26 de xullo de 2018) publicouse a resolución pola que se amplía por segunda vez a dotación orzamentaria da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020. O incremento da dotación é de 136.519,30 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1, no código de proxecto 2016 00018 destinado ao Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B).

Segundo o artigo 16.3 da Resolución do 29 de decembro de 2017, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 14 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento do Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B) ás entidades locais que se indican no anexo, como consecuencia da segunda ampliación do crédito, e que quedaron na lista da agarda publicada na Resolución do 12 de xuño de 2018, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 29 de decembro (DOG nº 118, do 21 de xuño), e en aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidos no artigo 15 das bases reguladoras, por un importe total de 137.031,10 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1, código do proxecto 2016 00018.

Recórdaselles ás entidades beneficiarias que, de acordo co establecido no artigo 20.2 das bases reguladoras, se realizará un primeiro pagamento do 75 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez que se realice a notificación da resolución.

O 25 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.

Asimesmo, de acordo co establecido no artigo 19.1 da convocatoria, a data límite para a presentación da documentación xustificativa da actuación subvencionada necesaria para proceder ao pagamento da subvención, para o programa de fomento da conciliación, é o 11 de outubro de 2018.

Dentro do dito prazo, as entidades beneficiarias deberán presentar a documentación común e a específica correspondente á actuación subvencionada relacionada no artigo 19.3 da convocatoria. De acordo co establecido no artigo 11.6 das bases reguladoras, a presentación da documentación deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Os datos do perfil, dos indicadores de produtividade e de resultado das persoas participantes achegaranse a través da aplicación informática Participa 1420.

Segundo. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo desta resolución do seguinte:

a) Estas axudas están cofinanciadas polo FSE nunha porcentaxe do 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020. No caso do programa de fomento da conciliación, no obxectivo temático 8 «promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral», prioridade de investimento 8.4 «a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos, incluídos o acceso ao emprego, a progresión na carreira profesional, a conciliación da vida laboral e a vida privada e a promoción de igual remuneración por igual traballo», obxectivo especifico 8.4.2 «(Re) integrar e manter no mercado laboral as persoas con dependentes ao seu cargo, a través de medidas de conciliación da vida persoal e laboral, e fomentar a igualdade de xénero no ámbito formativo, educativo e laboral»; e no caso dos outros dous programas de prevención da violencia de xénero e de apoio aos CIM, no obxectivo temático 9 «promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «a loita contra toda forma de discriminación e o fomento da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1. «aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, e evitar, pola súa vez, a discriminación múltiple».

b) A aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, en relación co artigo 115.2. da mesma norma xurídica.

c) Estas axudas son incompatibles con outras axudas para a mesma actuación ou actividade nos termos establecidos no artigo 3 da convocatoria.

d) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, os requisitos e obrigas esixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na demais normativa europea de aplicación, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 21 das bases reguladoras e demais que resulten esixibles segundo a normativa de aplicación.

e) No artigo 6.7 e no artigo 23 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, á minoración da subvención inicialmente concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

Terceira. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº de expediente

Entidade

NIF

Nome da medida

Gasto elexible *

Puntuación

Concesión

SI435B 2018-43

Concello de Ponteceso

P1506900H

Programa respira

15.135,12

37,50

12.000,00

SI435B 2018-78

Concello de Santiso

P1508000E

Igualate

2.100,00

37,00

1.680,00

SI435B 2018-23

Concello de Oímbra

P3205400I

Programa conciliación da vida laboral e familiar

5.587,39

37,00

4.469,91

SI435B 2018-37

Concello de Cabanas

P1501500A

Cabanas concilia

10.560,27

37,00

8.448,22

SI435B 2018-80

Concello de Sobrado

P1508100C

Programa de conciliación familiar para menores

7.252,00

37,00

5.801,60

SI435B 2018-71

Concello de Negreira

P1505700C

Negreira concilia (merendas)

14.510,58

37,00

11.608,46

SI435B 2018-24

Concello de Monterrei

P3205100E

As mesmas ilusións sen exclusións

6.776,00

36,50

5.420,80

SI435B 2018-38

Concello de Fisterra

P1503800C

Programa respira

12.406,24

36,50

9.924,99

SI435B 2018-94

Concello das Neves

P3603400G

Campamento de verán

11.200,00

36,50

8.960,00

SI435B 2018-88

Concello de Pontecesures

P3604400F

Campamento de verán

13.272,00

36,25

10.617,60

SI435B 2018-20

Concello de Irixoa

P1504000I

Programa respira

4.176,00

35,50

3.340,80

SI435B 2018-51

Concello de Baralla

P2703600C

Campamento urbano para a conciliación da vida laboral e familiar

12.040,00

35,50

9.632,00

SI435B 2018-66

Concello de Moeche

P1505000H

Campamentos de conciliación familiar

10.040,00

35,50

8.032,00

SI435B 2018-11

Concello da Bola

P3201500J

Programa de fomento da conciliación

11.760,00

35,25

9.408,00

SI435B 2018-52

Concello de Oia

P3603600B

Conciliación en Oia

5.902,40

35,25

4.721,92

SI435B 2018-72

Concello de Vilarmaior

P1509200J

Actividades de conciliación

12.320,00

35,25

9.856,00

SI435B 2018-96

Concello de Outes

P1506300A

A volta ao mundo

1.386,00

33,75

1.108,80

SI435B 2018-98

Concello de Melide

P1504700D

Conciliando campamento de verán

16.800,00

33,75

12.000,00

Total programa SI435B

137.031,10

(*) Custos directos de persoal máis un 40 % e menos os ingresos, de ser o caso.