Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36745

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2018/2019, e se procede á súa convocatoria.

Advertido un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 141, do 24 de xullo de 2018, cómpre facer as seguintes rectificacións:

Na páxina 34684, anexo I, onde di: «Relación, por orde de preferencia, de deportistas propostos para o curso 2017/18. Reflectir tanto os que renovan praza como as novas incorporacións.», debe dicir: «Relación, por orde de preferencia, de deportistas propostos para o curso 2018/19. Reflectir tanto os que renovan praza como as novas incorporacións.».

Na páxina 34686, anexo II, onde di: «5. Competicións de referencia en 2017.», debe dicir: «5. Competicións de referencia en 2018.» e «6. Competicións de referencia en 2018.», debe dicir: «6. Competicións de referencia en 2019.».

Na páxina 34695, anexo IV, onde di: «1. Coñecer e aceptar todas as funcións xerais encomendadas como persoa adestradora responsable da sección deportiva no curso 2017/18.», debe dicir: «1. Coñecer e aceptar todas as funcións xerais encomendadas como persoa adestradora responsable da sección deportiva no curso 2018/19.».

Na páxina 34696, anexo V, onde di: «1. Coñecer e aceptar todas as funcións xerais encomendadas como persoa adestradora responsable dun grupo de adestramento no curso 2017/18.», debe dicir: «1. Coñecer e aceptar todas as funcións xerais encomendadas como persoa adestradora responsable dun grupo de adestramento no curso 2018/19.».