Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36881

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta (ampliación do sistema xeral viario na rúa Salgueiras, Caión).

A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria do 24 de xullo de 2018, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para os efectos da obtención dos terreos necesarios para executar a ampliación do sistema xeral viario na rúa Salgueiras en Caión, segundo proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese a información pública durante o prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, cos documentos sinalados no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 292 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 31 de xullo de 2018

José Manuel López Varela
Alcalde