Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36882

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO da oferta de emprego público de 2018.

Por acordo da Xunta de Goberno local en sesión extraordinaria do 24 de xullo de 2018, aprobouse a oferta de emprego público de 2018, correspondente ás prazas que a continuación se detallan:

1. Taxa de reposición: 2 prazas (Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, artigo 19.2 e 7).

Persoal funcionario

– Funcionario de carreira:

Grupo

Subgrupo

Escala

Complemento de destino

Nº de vacantes

Denominación

C

C2

Administración xeral

18

1

Auxiliar administrativo (contabilidade)

Persoal laboral

– Laboral fixo:

Categoría laboral

Nº de vacantes

Grupo

Denominación

Grupo V

1

AP

Encargado de instalacións e servizos (oficial 1ª)

2. Sentenzas de indefinición: 4 prazas (Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, artigo 19.7).

– Laborais fixos:

Categoría laboral

Nº de vacantes

Grupo

Denominación

Grupo IV

1

AP

Monitor/a de actividades de lecer e tempo libre

Grupo V

3

AP

Auxiliar de axuda no fogar

O que se fai público en cumprimento dos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

O Pereiro de Aguiar, 30 de xullo de 2018

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde