Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 36978

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de xullo de 2018 pola que se trasladan ensinanzas de formación profesional.

Resultando necesario trasladar o ciclo formativo de grao superior Proxectos de Edificación da Familia Profesional de Edificación e Obra Civil do IES As Mariñas de Betanzos ao CIFP de Someso (A Coruña), e o ciclo formativo de grao superior de Procesos e Calidade na Industria Alimentaria da familia profesional de Industrias Alimentarias do IES Leiras Pulpeiro de Lugo ao CIFP Politécnico de Lugo, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Traslado de ensinanzas

1. Trasladar as ensinanzas do ciclo superior de Proxectos de edificación do instituto de educación secundaria (IES) As Mariñas de Betanzos ao centro integrado de formación profesional (CIFP) Someso da Coruña.

2. Trasladar as ensinanzas do ciclo superior de Procesos e calidade na industria alimentaria do IES Leiras Pulpeiro de Lugo ao CIFP Politécnico de Lugo.

Segundo. Profesorado que se adscribe

1. Queda adscrito con carácter definitivo no CIFP Someso da Coruña, o profesorado con destino definitivo no IES As Mariñas de Betanzos que se relaciona no anexo I da presente orde.

2. Queda adscrito con carácter definitivo no CIFP Politécnico de Lugo, o profesorado con destino definitivo no IES Leiras Pulpeiro, de Lugo, que se relaciona no anexo II da presente orde.

Terceiro. Efectividade da adscrición e mantemento da antigüidade

A adscrición definitiva regulada nesta orde terá efectividade do 1 de setembro de 2018 e o persoal funcionario docente afectado manterá, para todos os efectos, a antigüidade que posuía no centro de orixe.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Garea Rodríguez, Luis Antonio

32786650N

Iglesias Martínez, Jorge Juan

32434898E

Orgueira Amor, Manuel Pedro

32765911L

ANEXO II

Martínez Gómez, Ramón

33991566G

Veiga González, María José

33320151M

Veiga Rial, Manuel

36100320A