Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37003

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (ED333A).

BDNS (Identif.): 411340.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán concorrer a esta convocatoria os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no exterior e que cumpran os requisitos académicos de acceso a un ciclo de grao superior de formación profesional.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen bolsas (100) para a mocidade do exterior, co fin de cursar un ciclo de grao superior de formación profesional sostido con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 6 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2018/19 nun centro con ensinanzas sostidas con fondos públicos de Galicia (ED333A).

Cuarto. Importe

Destinarase, con cargo á aplicación orzamentaria 10.50.422M.480.1, un total dun millón de euros a estas axudas para cen bolsas (100), cunha contía de 10.000 euros cada unha. A dotación total da bolsa por ano é a seguinte:

a) 300.000 euros no ano 2018.

b) 500.000 euros no ano 2019.

c) 200.000 euros no ano 2020.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria