Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37410

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 54/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 54/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Javier Quindimil Porto contra a empresa Edificaciones Norte ACT, S.L., sobre ordinario, se ditou decreto de data 28.7.2017 impugnable en revisión no prazo de tres días, que se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Edificaciones Norte ACT, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 16 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza