Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37409

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 196/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 196/2018, seguido por instancia de Ángel Cagiao Sueiras contra Gestión Hostelera Abracane, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de salarios, se ditou sentenza número 105/2018, do 13 de xullo, pola que se admite a demanda presentada.

Contra a devandita sentenza cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que poderán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días, a partir da notificación, por comparecencia ou por escrito. O texto íntegro da sentenza está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Hostelera Abracane, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza