Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37402

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 510/2018-CON).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 510/2018-CON desta sección, seguido por instancia de Francisco Troncoso Troncoso contra Fogasa, Armadilla, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Rocas de Porriño S.L., Granitos Mondariz, S.L., José Ramón López Romeu, Granitos Gris Rosa, S.L. sobre outros dereitos, Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«1º. Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto por Francisco Troncoso Troncoso fronte á Sentenza do 5 de outubro de 2017 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, ditada nos autos nº 976/2016. Todo iso revogando en parte a sentenza de instancia en canto ao pronunciamento de condena recollido nesta, modificando os importes para aboar á parte demandante por cada unha das condenadas, que quedan establecidos nas seguintes cantidades:

Manuel Vaqueiro, S.L.: 68.735,66 euros.

Granito Grisrosa, S.L., absorbida por Armadilla, S.L.: 778,49 euros.

Minería Ornamental, S.A.: 9.451,53 euros.

Rocas de Porriño, S.L.: 20.819,31 euros.

2º. Mantéñense o resto de pronunciamentos da sentenza recorrida.

3º. Sen custas.

Todo iso confirmando a sentenza de instancia e sen condena en custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións o Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rocas de Porriño, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2018