Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37819

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de xullo de 2018 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións ao centro autorizado de artes plásticas e deseño Aula D, de Vigo.

O representante da titularidade do centro autorizado de artes plásticas e deseño Aula D, de Vigo, solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa Ourense, nº 4, patio central baixo, a Baixada ao Forte, nº 2, de Vigo.

Mediante a Orde do 6 de xuño de 2000 (DOG do 5 de xullo), o centro conta con autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Gráfica Publicitaria e o CS Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 253/1995, do 29 de setembro e na Orde do 5 de decembro de 1995, que regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cambio de domicilio por traslado de instalacións

Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa Ourense, nº 4, a Baixada ao Forte, nº 2, de Vigo, que queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de artes plásticas e deseño (CE.ART).

Denominación específica: Aula D.

Código do centro: 36024011.

Domicilio: Baixada ao Forte, nº 2.

Localidade: Vigo.

Concello: 36202 Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Aula D, C.B.

Composición resultante:

• 1 CS Gráfica Publicitaria (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Proxectos e Dirección de Obras de Decoración (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria