Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37812

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se publican as bolsas de formación concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN225A).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 das bases reguladoras da orde, publicáronse as bolsas de formación concedidas mediante a Resolución do conselleiro de Economía, Empleo e Industria do 9 de maio de 2018.

Norma reguladora: Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o año 2018 (código de procedemento IN225A).

Crédito orzamentario: 59.200,00 euros.

Aplicacións orzamentarias: 09.30.751A.480.0 - 09.30.751A.484.0.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2018

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo

ANEXO

Orde

Solicitante

Nº de expediente

1

Eva Regina Campos Fernández

IN225A-2018-036

2

Beatriz Abal Rodríguez

IN225A-2018-024

3

Verónica Piñeiro Soliño

IN225A-2018-023

4

José Luis López Sueiro

IN225A-2018-027

Cada bolsa está dotada cun importe máximo de 14.300,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos por mes.