Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37833

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (310/2017).

Eu, Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos da Estrada, Pontevedra, dou fe no procedemento de modificación de medidas 310/2017, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, Xulgado de Violencia Sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal de modificación de medidas ditadas no proceso de divorcio de mutuo acordo número 52/2016, seguidos ante este xulgado, por instancia de Mª Concepción Fernández Pereira, representada polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, e asistida pola letrada Sra. Touceda Ferreiro, contra Juan Gabriel Díaz Servín, que foi declarado en situación de rebeldía procesual.

Interveu o Ministerio Fiscal representado por Rebeca Rodríguez Suárez.

Parte dispositiva.

Debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, en nome e representación de Mª Concepción Fernández Pereira, contra Juan Gabriel Díaz Servín, que foi declarado en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, acordo modificar a sentenza do 4 de maio de 2016 ditada no seo do procedemento de divorcio de mutuo acordo, número 48/2016, seguido ante este xulgado no sentido seguinte:

A. Modificar a estipulación terceira do convenio regulador do 8 de febreiro de 2016, acordándose no seu lugar o seguinte:

A titularidade compartida por Mª Concepción Fernández Pereira e Juan Gabriel Díaz Servín, da patria potestade sobre o menor Xabriel Díaz Fernández e a atribución do seu exercicio exclusivo á nai, Mª Concepción Fernández Pereira.

B. Modificar a estipulación cuarta do convenio regulador do 8 de febreiro de 2016, acordándose no seu lugar o seguinte:

1. Durante os primeiros seis meses desde o ditado da presente resolución, o pai gozará da compañía do menor o primeiro fin de semana de cada mes, os venres desde as 15.00 horas ata as 20.00 horas, con entrega e recollida deste no domicilio materno.

2. Transcorrido eses seis meses e cumprido o disposto no punto anterior, o pai gozará da compañía do menor o primeiro fin de semana de cada mes, os venres e os sábados desde as 15.00 horas ata as 20.00 horas, con entrega e recollida deste no domicilio materno.

3. Transcorrido un ano e cumprido o disposto nos puntos anteriores, o pai gozará da compañía do menor o primeiro fin de semana de cada mes, desde o venres ás 15.00 horas ata o domingo ás 20.00 horas, con entrega e recollida deste no domicilio materno.

As vacacións de Nadal dividiranse por metades, o pai poderá gozar da compañía do menor desde o primeiro día non lectivo ás 10.00 horas ata o 30 de decembro ás 20.00 horas nos anos pares e desde o 30 de decembro ás 20.00 horas ata o último día non lectivo ás 20.00 horas nos anos impares, con entrega e recollida deste no domicilio materno.

As vacacións de verán dividiranse en catro quincenas, a primeira, do 1 de xullo ás 10.00 horas ata o día 16 de xullo ata as 10.00 horas. A segunda, desde o día 16 de xullo ás 10.00 horas ata o día 1 de agosto ás 10.00 horas. A terceira, desde o día 1 de agosto ás 10.00 horas ata o día 16 de agosto ás 10.00 horas. A cuarta, desde o día 16 de agosto ás 10.00 horas ata o día 31 de agosto ás 10.00 horas. A nai poderá gozar da compañía do menor a primeira quincena de xullo e agosto nos anos pares e a segunda quincena de xullo e agosto nos impares, correspondéndolle ao pai as outras dúas quincenas.

C. Modificar en parte a estipulación quinta do convenio regulador do 8 de febreiro de 2016, acordándose no seu lugar o seguinte:

O pai aboará en concepto de pensión de alimentos do seu fillo a cantidade de 190 euros mensuais, os cales se ingresarán nos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que a Sra. Fernández designe para o efecto, pensión que será actualizada automaticamente cada comezo de ano aplicando o incremento que experimente o IPC ou índice que o substitúa.

D. Manter o contido da estipulación quinta referente aos gastos extraordinarios, así como o resto de pronunciamentos establecidos na sentenza do 4 de maio de 2016, ditada no seo do procedemento de divorcio de mutuo acordo número 48/2016, seguido ante este xulgado.

Non procede facer expresa imposición de custas por ser un procedemento de interese público.

Esta resolución é susceptible de recurso de apelación en ambos os efectos ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo dos vinte días seguintes contados desde a súa notificación. Para a interposición do recurso deberá acreditarse no momento de prepararse o recurso, a consignación dun depósito de 50 euros (cincuenta euros), na conta de consignacións e depósitos deste xulgado baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Notifíquese a presente resolución ás partes, incorporándose a orixinal ao libro de sentenzas, con dedución de testemuño que se unirá ás presentes actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

Así o acorda, manda e asina, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e do seu partido. Dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Gabriel Díaz Servín, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 20 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza