Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37831

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (PO 247/2016).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza no Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, dou fe de que no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co número 247/2016 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza

Vigo, 2 de febreiro de 2017

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos por instancia de Juan Extremadura, S.L., representado polo procurador Félix Hombría Gestoso e asistido polo letrado José Manuel Nieto Ramilo, contra Tabigle, S.L. e Vicente Táboas Fortes, en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolución: estimo integramente as pretensións da parte demandante e condeno a Tabigle, S.L. e a Vicente Táboas Fortes a pagar solidariamente a Juan Extremadura, S.L. a cantidade de 13850 euros, máis o xuro legal desde a data da demanda, con expresa condena en custas da parte demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditou a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme á disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Santander, co número ES5500493569920005001274, concepto número 3640 0000 04 0247 16, coa indicación recurso, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz.

E despois de ser dada e lida na súa data e descoñecéndose o actual domicilio dos demandados Vicente Táboas Fortes e entidade Tabigle, S.L., expido e asino o presente para que sirva de notificación aos devanditos demandados.

Vigo, 2 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza