Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 37920

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 80/2018, do 21 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Promoción de Igualdade de Xénero.

Advertido erro no decreto citado, publicado no Diario Oficial de Galicia número 154, do 13 de agosto de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 37547, onde di:

«• RA4. Desenvolve estratexias de intervención en violencia de xénero, tendo en conta a relación entre as características da situación e o protocolo establecido.

– CA4.1. Identificouse o papel da mediación na violencia de xénero.

– CA4.2. Identificáronse os protocolos para actuar en situacións de violencia de xénero.

– CA4.3. Establecéronse os protocolos de intervención en casos de violencia de xénero.

– CA4.4. Valorouse o papel do/da profesional en situacións de violencia de xénero.

– CA4.5. Caracterizáronse os protocolos de intervención familiar en casos de violencia de xénero.

– CA4.6. Seleccionouse o servizo idóneo para cada momento do itinerario de asesoramento integral ás vítimas, e indicáronse os pasos que cumpra seguir.

– CA4.7. Xustificouse o acompañamento da vítima ao servizo especializado prioritario.

– CA4.8. Xustificouse o cumprimento das normas e dos criterios establecidos no protocolo de actuación no trato dispensado ás persoas que sufriran violencia de xénero».

Debe dicir:

«• RA4. Desenvolve estratexias de intervención en violencia de xénero, tendo en conta a relación entre as características da situación e o protocolo establecido.

– CA4.1. Identificáronse os protocolos para actuar en situacións de violencia de xénero.

– CA4.2. Establecéronse os protocolos de intervención en casos de violencia de xénero.

– CA4.3. Valorouse o papel do/da profesional en situacións de violencia de xénero.

– CA4.4. Caracterizáronse os protocolos de intervención familiar en casos de violencia de xénero.

– CA4.5. Seleccionouse o servizo idóneo para cada momento do itinerario de asesoramento integral ás vítimas, e indicáronse os pasos que cumpra seguir.

– CA4.6. Xustificouse o acompañamento da vítima ao servizo especializado prioritario.

– CA4.7. Xustificouse o cumprimento das normas e dos criterios establecidos no protocolo de actuación no trato dispensado ás persoas que sufriron violencia de xénero».