Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 31 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se notifica a resolución de varios expedientes de procedementos de nomeamento de veterinarios actuantes do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a resolución dos expedientes de procedementos de nomeamento de veterinarios actuantes do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos aos interesados que se sinalan no anexo, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e non sendo posible a súa práctica.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o interesado se entenderá notificado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Servizo de Conservación da Biodiversidade, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do expediente referido, que non finaliza á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018

A directora xeral de Patrimonio Natural
Por delegación de sinatura (Resolución do 9.7.2018)
Susana Cuesta Fariña
Subdirectora xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

VA-42

Francisco Carnero Núñez

Resolución

Directora xeral

VA-112

Mónica Cuesta Regueiro

Resolución

Directora xeral

VA-213

Francisco Orro Arcay

Resolución

Directora xeral

VA-418

Diego Rodríguez Piñón

Resolución

Directora xeral

VA-517

Itzíar Villanueva Legarda

Resolución

Directora xeral

VA-519

Verónica Rodríguez Fernández

Resolución

Directora xeral