Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38194

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1521/2018).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1521/2018 desta sala, seguido por instancia de Mónica Abal Castro contra Fogasa, Ministerio Fiscal, e as empresas Nueva Omsa España, S.A., e Sara Lee DE España, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Estimamos parcialmente o recurso de suplicación interposto por Mónica Abal Castro fronte á sentenza de data 5.3.2018 ditada polo Xulgado do Social número 5 de Vigo e condenamos a empresa demandada Nuova Omsa España, S.A., a aboar á demandante a cantidade 2.223,51 €, mantendo o resto dos pronunciamentos da sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Sara Lee DE España, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza