Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38301

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2018 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de agosto de 2018 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Mar.

A aprobación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais, así como na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para cubrilo (DOG núm. 90, do 11 de maio de 2017).

En consecuencia, por proposta da Consellería do Mar, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 2 de agosto de 2018, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Consellería do Mar, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que na marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PE.C01.00.001.15770.015

Xefatura Servizo de Protección de Recursos

• Especial responsabilidade por garantir unha adecuada toma de decisións que supoñen a limitación de dereitos en situacións de alerta sanitaria ou emerxencia:

A coordinación ou dirección de funcionarios que, como titular dun posto, exerce sobre as decisións do persoal ao seu cargo e que teñen a capacidade de tomar decisións que supoñan a limitación de dereitos de propiedade, de libre circulación e residencia de persoas, ou outros dereitos individuais en situacións de emerxencia

PE.C01.00.001.15770.060

Xefatura Servizo Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación

PE.C01.00.001.15770.080

Xefatura Servizo Inspección e Control dos Recursos

• Especial responsabilidade por garantir unha adecuada toma de decisións que supoñen a limitación de dereitos en situacións de alerta sanitaria ou emerxencia:

Toma de decisións sobre a posta en marcha dunha alerta sanitaria e as accións incluídas nela.

PE.C04.00.000.15770.110

Xefatura Servizo Desenvolvemento Pesqueiro

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

PE.C99.40.201.36600.001

Director/a (Centro Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa

• Especial responsabilidade por dirixir centros con características singulares.

Centro de investigación e innovación en que se desenvolvan proxectos que poidan supoñer unha vantaxe competitiva para Galicia.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de agosto de 2018, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería do Mar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file