Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38374

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 7 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Bono emprega automoción para a formación con contratación de persoas desempregadas no sector da automoción en Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 411800.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as empresas pertencentes aos sectores da industria da automoción que contén no seu cadro de persoal cun mínimo de 50 persoas traballadoras. Estas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, deben contar con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, un programa de formación con contratación de persoas desempregadas nos sectores de actividade vinculados ao sector da automoción. Por medio desta convocatoria as empresas que soliciten participar na presente convocatoria terán a posibilidade de obter axudas para a formación con contratación por conta allea de persoas en situación de desemprego como parte deste programa de contratación.

Terceiro. Base reguladora

Orde do 7 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Bono emprega automoción para a formación con contratación de persoas desempregadas no sector da automoción en Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Cuarto. Importe da orde de convocatoria.

No exercicio económico 2018, as axudas recollidas nesta orde de convocatoria financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C.470.3, código de proxecto 2018 00 103, cunha contía de 3.000.000 euros (fondo finalista).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2018.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2018

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria