Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 9 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2011/20-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Monte Tourado-Eixe, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2011/20-1), por resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 6 de agosto de 2018, a favor da entidade beneficiaria Fenosa Wind, S.L., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar os días 21, 24 e 26 de setembro de 2018 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Vimianzo, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 6 de agosto de 2012 e do 20 de agosto de 2015, no BOP, do 12 de xullo de 2012 e do 7 de agosto de 2015, e no xornal La Voz de Galicia de datas 12 de xullo de 2012 e 10 de agosto de 2015, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, aos cales se lles practicará notificación individual onde se lles sinalen os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 9 de agosto de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña