Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2018 Páx. 38959

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

ANUNCIO de convocatoria de probas selectivas, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de responsable de operacións portuarias.

Convócanse probas selectivas, polo sistema de concurso-oposición, para cubrir a seguinte praza:

• 1 responsable de operacións portuarias, contratación fixa.

As bases desta convocatoria, así como as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo, estarán á disposición das persoas interesadas:

– No tabolerio de anuncios da Autoridade Portuaria, no peirao Curuxeiras, s/n, 15401 Ferrol, A Coruña.

– No taboleiro de anuncios da sede electrónica da Autoridade Portuaria http://sede.apfsc.gob.es

– Páxina web de Portos do Estado.

– Páxina web www.administracion.gob.es (060).

Ferrol, 16 de agosto de 2018

José Manuel Vilariño Anca
Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao