Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 38985

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de agosto de 2018 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade, do centro privado Sagrado Corazón do Carballiño (Ourense).

A representante legal do centro privado (CPR) Sagrado Corazón do Carballiño (Ourense) solicita o cambio de titularidade a favor da Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas.

Mediante escritura pública notarial do 4 de xullo de 2018, Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor, a través da súa representante, cede a titularidade do CPR Sagrado Corazón a favor da Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas.

De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do centro privado Sagrado Corazón do Carballiño (Ourense), código 32002973, a favor da Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas, con efectos do 1 de setembro de 2018.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria