Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 38979

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fai pública a inclusión dun exemplar e unha formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer pública a inclusión do seguinte exemplar e a seguinte formación no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 2 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:

Data de solicitude: 22.6.2017.

Código: 156A.

Nome da árbore: Falso ciprés de Silvouta.

Especie: Chamaecyparis lawsoniana (A. Murr.) Parl.

Localidade: Silvouta.

Concello: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 532.394/4.746.412.

Motivos da catalogación: dimensións.

Data da solicitude: 22.9.2017.

Código: 38F.

Nome da árbore: Olmos de Santiago de Reinante.

Especie: Ulmus x hollandica Mill.

Localidade: Santiago de Reinante.

Concello: Barreiros.

Provincia: Lugo.

Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 647.673/4.822.569.

Motivo da catalogación: dimensións e singularidade xeográfica.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2018

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural