Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de seguridade e vixilancia dos hospitais dependentes desta xerencia (expediente AB-EIL1-17-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-17-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de seguridade e vixilancia dos distintos centros –e as súas dependencias– da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes: tres.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79710000-4; 79714000-2.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Datas de publicación do anuncio de licitación:

– DOUE núm. 2017/S 201-414740, do 19 de outubro de 2017.

– BOE núm. 264, do 31 de outubro de 2017.

– DOG núm. 209, do 3 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 6.677.280,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 3.084.000,00 €. Importe total: 3.731.640,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 29 de xuño de 2018.

c) Contratista: Salzillo Seguridad, S.A. (CIF A73100638).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Lote 1. Importe neto: 2.190.727,34 €. Importe total: 2.650.780,08 €.

Lote 2. Importe neto: 317.676,69 €. Importe total: 384.388,80 €.

Lote 3. Importe neto: 427.237,03 €. Importe total: 516.956,80 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante con data do 28 de maio de 2018.

Lugo, 26 de xullo de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos