Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 29 de agosto de 2018 Páx. 39558

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos incluídos nel, coa finalidade de levar a cabo as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga, en San Cibrao.

A Xunta de Goberno local, mediante acordo adoptado na sesión do 14 de agosto de 2018, aprobou definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos para levar a cabo as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga en San Cibrao (Cervo-Lugo), sendo o texto do acordo o seguinte teor:

Primeiro. Ratificar a urxencia da sesión, posto que, unha vez que consta o informe técnico sobre as alegacións formuladas por parte do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), con CIF Q2801660H, ao proxecto de expropiación por taxación conxunta para as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga en San Cibrao, emitido con data 13.8.2018, resulta preciso, por razóns de interese público, axilizar administrativamente a licitación da correspondente obra. Con carácter previo é necesario que se aprobe definitivamente o correspondente expediente de expropiación por taxación conxunta.

Segundo. Estimar as alegacións formuladas por parte do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), con CIF Q2801660H, ao proxecto de expropiación por taxación conxunta para as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga en San Cibrao, de acordo co informe técnico emitido para tales efectos o 13 de agosto de 2018.

Terceiro. Incorporar as alegacións estimadas no punto anterior ao proxecto de expropiación por taxación conxunta para os efectos da súa modificación.

Cuarto. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación por taxación conxunta, unha vez incorporadas as alegacións formuladas polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), con CIF Q2801660H, ao proxecto de expropiación por taxación conxunta para as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga en San Cibrao e publicar o dito acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Tomar razón dos terreos de titularidade litixiosa ou controvertida a que fai referencia o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), con CIF Q2801660H, nas alegacións formuladas ao proxecto de expropiación por taxación conxunta para as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga en San Cibrao e dar traslado deles ao Ministerio Fiscal, de conformidade co preceptuado no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Sexto. Instar o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), con CIF Q2801660H, a unha concesión administrativa polo que aos terreos que se atopan dentro da zona de dominio público ferroviario se refire, e que, polo tanto, non van ser obxecto de expropiación, dada a necesidade da súa ocupación para a realización das obras consistentes no acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga en San Cibrao.

Sétimo. Notificar o presente acordo de aprobación definitiva do proxecto de expropiación por taxación conxunta ás persoas interesadas titulares de bens e dereitos que figuran nel, ás cales se lles confire un prazo de 20 días durante o cal poidan manifestar por escrito ante o órgano expropiante a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente.

Oitavo. No suposto de que non se formulen oposicións á valoración no citado prazo de 20 días, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade.

Se existe desconformidade coa valoración establecida no dito expediente, no dito caso darase traslado do expediente e da folla de valoración impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia, para efectos de fixar o prezo xusto, que, en todo caso, se fará de acordo cos criterios de valoración establecidos na lexislación vixente.

Noveno. O acordo de aprobación definitiva do expediente de expropiación por taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co artigo 118.10 da Lei do solo de Galicia, e a ocupación comportará a necesidade de redactar unha acta nos termos contidos na lexislación estatal.

Décimo. O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

No caso dos terreos de titularidade litixiosa ou controvertida a que fai referencia o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), con CIF Q2801660H, nas alegacións formuladas por este ao proxecto de expropiación por taxación conxunta para as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga en San Cibrao, o depósito previo á ocupación consignarase na Caixa Xeral de Depósitos á disposición da autoridade ou tribunal competente.

Décimo primeiro. Con posterioridade á aprobación definitiva do proxecto de expropiación, procederase á inscrición rexistral das parcelas nos termos contidos na lexislación estatal, así como a instar do Catastro a actualización da súa configuración e titularidade.

Décimo segundo. Dar traslado do presente acordo aos servizos de secretaría e intervención do Concello de Cervo para os efectos oportunos.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o acorda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo con sede na capital da provincia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de poder exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cervo, 22 de agosto de 2018

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

de predio

Referencia catastral

Titular

Sup. exp. def. m2

1

6188001PJ2368N

Juan Bautista Martínez de la Vega Pedrosa e outros

372,80

1B

6188001PJ2368N

Titularidade litixiosa

157,20

2

63830P4PJ2368S, 63830P3PJ2368S, 63830P2PJ2368S

Construcciones Os Molineros, S.L.

291,00

3

5891004PJ2359S, 5889003PJ2359N, 63830L5PJ2368S, 5991501PJ2359S

Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria (Sareb)

2.013,09

3B

5891004PJ2359S, 5889003PJ2359N, 63830L5PJ2368S, 5991501PJ2359S

Titularidade litixiosa

732,91

4

5891003PJ2359S

Ferrocarriles de Vía Estrecha Feve

11,00

5

5891017PJ2359S

Servicio Galego de Saúde CGA

49,00

Este proxecto de expropiación estará á disposición dos interesados na sede electrónica do Concello de Cervo (http://cervo.sedelectronica.es).