Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 16 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, o interesado poderá comparecer no prazo de (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, nº 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento do interesado que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 16 de agosto de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 15392.

Interesado: Altuve Contreras, César Augusto.

DNI/NIE/PAS: Y6106089V.

Último enderezo coñecido: travesía de Vilaescusa, nº 1, entresollado C, 32002 A Valenzá, Barbadás (Ourense).