Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta entidade (expediente 2018/4/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada e que se indica no anexo no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada. Advírtese que, desde o día seguinte á notificación do dito acto administrativo terá quince (15) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulgue procedente.

Lugo, 19 de xuño de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número do expediente: 2018/4/27.

Persoa interesada: João Filho Gomes da Silva.

Enderezo actual: descoñecido.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do 19 de xuño de 2018.