Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39954

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración, configuración e instalación de doce estacións meteorolóxicas para a rede de observación oceanometeorolóxica, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe prioritario 05, prioridade de investimento 05.01, obxectivo específico 05.01.01.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de Expediente: 6/2018 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=284996

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración, configuración e instalación de doce estacións meteorolóxicas para a rede de observación oceanometeorolóxica.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 38127000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 248.470,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 248.470,00 €. Importe total: 300.648,70 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 20 de xullo de 2018.

c) Adxudicataria: Arantec Enginheria, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 214.945,00 €. Importe total con IVE: 260.083,45 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio
P.S. (Artigo 7.1 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, DOG núm. 221, do 19 de novembro; D.A. 9ª e D.T. 2ª do Decreto 177/2016, do 15 de decembro; DOG núm. 239, do 16 de decembro)
Silvia Cortiñas Fernández
Vicesecretaria xeral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio