Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANI-OU-28/2018-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouse por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida da Habana, nº 79, 5ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 13 de agosto de 2018

A xefa territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 28.6.2016)
Juan José Gómez Fernández
Xefe do Servizo de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANI-OU-28/2018-V.

Interesado: Ventura Freira Díaz.

Acto de notificación: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola instrutora do procedemento.

Expediente: ANI-OU-30/2018-V.

Interesado: Emilio José Gómez Vázquez.

Acto de notificación: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola instrutora do procedemento.

Expediente: ANI-OU-33/2018-V.

Interesado: José Francisco Gil Mouriño.

Acto de notificación: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Acto adoptado: pola instrutora do procedemento.