Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2018 Páx. 39994

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de aviso de xestión de biomasa.

Esta Administración puido constatar o incumprimento do artigo 22.1 da Lei 3/2007 nas seguintes parcelas:

– 15036A017004000000YL, 15036A017004480000YZ e 15036A017004510000YZ, cuxos propietarios son descoñecidos.

En virtude do que antecede, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de 15 días naturais para xestionar a biomasa na parcelas citadas.

Transcorrido o dito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, decomiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen perxuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Advírtese que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supor a repercusión dos gastos de extinción de incendios.

Fene, 24 de xullo de 2018

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde