Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de soporte da plataforma corporativa de xeración de informes da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é contar cos servizos de soporte ante incidencias da plataforma de xeración de informes (reporting) da Xunta de Galicia, baseada no software Jasper Reports Server.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 20.11.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 104.132,24 €.

5. Orzamento base de licitación: 52.066,12 € máis 10.933,89 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 63.000,01 € (sesenta e tres mil euros cun céntimo).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 22.6.2018.

c) Contratista: Altia Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 44.750,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2018

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Delegación de sinatura do 10.8.2018)
José Luis Somoza Digón
Xerente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia