Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2018 Páx. 40078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración sucesiva, por prezo unitario, de gasóleo tipo B exento, para as embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia desta consellería (expediente 8/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

Descrición do obxecto: subministración sucesiva, por prezo unitario, de gasóleo tipo B exento para as embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=269986

c) Diario oficial e data de publicación dos anuncios de licitación: DOUE o 17.2.2018; BOE o 24.2.2018 e DOG o 6.3.2018.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 212.258,06 €; importe IVE (21 %): 44.576,19 €, importe total: 256.832,25 €.

Valor estimado: 413.903,22 €.

5. Financiamento: fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 8 de xuño de 2018.

b) Adxudicataria: Point Medio Ambiente, S.L.

c) Importe: 256.832,25 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 13 de xullo de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e admitida á licitación e cumpriu todos os requisitos exixidos nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas particulares.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2018

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar