Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de implantación dunha planta de biogás no concello de Mesía (A Coruña), promovido por Casa Grande de Xanceda SAT XUGA 1234 (expediente 2018/0121).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 21 de agosto de 2018 relativo ao proxecto de implantación dunha planta de biogás no lugar de Xanceda, no concello de Mesía (A Coruña), promovido por Casa Grande de Xanceda SAT XUGA 1234.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

E nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático