Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 28 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transporte terrestre devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2016/00008 e doce máis).

O secretario xeral técnico ditou as resolucións dos recursos presentados nos expedientes sancionadores número RA/M/2016/00008 e doce máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentadas as notificacións das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Número recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución do recurso

XC-01162-O-2015

RA/M/2016/00008

1229-HFM

Galicarbo, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

8.1.2015; 15.58; AP9; 55,0

Art. 140.23 LOTT

4.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00463-O-2015

RA/M/2016/00122

4233-DYD

Construcciones Sanjillao, S.L.

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

12.3.2015; 9.23; OU-510: 2,0

Art. 140.18 LOTT

2.001,00 €

Inamitir, confirmando a sanción imposta

XC-05425-O-2014

RA/M/2017/00586

0392-FVD/R-1505-BCF

Mariano Mateo Migueláñez

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a de outros instrumentos ou medios de control que exista a obriga de levar instalados no vehículo, con obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

14.8.2014; 11.43; N634; 676,0

Art. 140.10 LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

PO-02607-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00661

8009-CCP

Excavaciones y Construcciones de Arousa, S.L.

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

24.7.2014; 9.3; PO549; 2,5

Art. 140.34 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-00323-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00664

9933W

Berlypan, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 31 %.

3.9.2014; 8.31; AC-164; 7,0

Art. 140.23 LOTT

3.200,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-02173-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00696

5570-CWV/R-2079-BBS

Pedro Ruibal Costa

Exceso superior a 2 horas sobre os tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Igual ou superior a 15 horas.

8.11.2014; 2.01; A52; 210,0

Art. 140.37.1 LOTT

2.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-01635-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00698

ZA-8459-K

Expansión Servicios Publicidad Exterior, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

5.6.2014; 12.30; NVI; 500,5

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00301-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00709

2814-HFL/R-4032-BCH

Nieto Ares, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

12.2.2015; 17.45; A-52; 203,0

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

OU-00245-O-2015

RA/DXM/CIV/2017/00719

2834-HFL/R-7353-BCG

Nieto Ares, S.L.

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

23.1.2015; 17.31; A-52; 203,0

Art. 140.35 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-02607-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00755

5757-FDG/R-3576-BBN

Trans San Bartolomé, S.L.

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Menos de 24.

28.10.2014; 9.5; LU546; 0,1

Art. 140.37.6 LOTT

2.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

XC-05779-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00757

6358-BPS

Baurón, S.L.

O exceso igual ou superior ao 25 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

3.9.2014; 19.24; N550; 80,7

Art. 140.23 LOTT

4.000,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-01874-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00761

8105-HWM/R-8520-BBK

Sanloz Invest & Gold, S.L.

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Igual ou superior a 30 horas e inferior a 36 horas.

8.7.2014; 18.20; N634; 657,8

Art. 140.37.6 LOTT

1.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta

LU-01875-O-2014

RA/DXM/CIV/2017/00762

8105-HWM/R-8520-BBK

Sanloz Invest & Gold, S.L.

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Igual ou superior a 24 horas e inferior a 30 horas.

8.7.2014; 18.20; N634; 657,8

Art. 140.37.6 LOTT

1.500,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta