Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da rede de alimentación de gas natural, en MOP 16 bar, a Financiera Maderera, S.A. e Cogeneración del Noroeste, S.L., no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (expediente IN627A 2018/05-3).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 2 da Orde da Consellería de Industria e Comercio, do 30 de novembro de 1999, sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas, sométese a información pública a petición de autorización da instalación que se describe:

Solicitante: Nedgia Redes de Distribución de Gas, S.A. CIF nº A-66560152, con enderezo na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación/situación: rede de alimentación de gas natural, en MOP 16 bar, a Financiera Maderera, S.A. y Cogeneración del Noroeste, S.L., no polígono industrial de S. Cibrao das Viñas (Ourense).

Datos básicos das instalacións: o trazado da rede soterrada será pola rúa Ricardo Martín Esperanza do polígono industrial de S. Cibrao das Viñas e consiste en:

• Conexión co gasoduto existente Amoeiro-Sarreaus mediante tubaxe de aceiro Ø6” MOP 16 bar.

• Antena distribución de gas natural de 16 m ata o punto de entrega de Financiera Maderera, S.A. e de Cogeneración del Noroeste, S.L. en tubaxe de aceiro Ac 6”.

• 2 acometidas de 6 m a Financiera Maderera, S.A. e Cogeneración del Noroeste, S.L. en tubaxe de aceiro Ac 4” con dúas válvulas de corte Ac 4” PN16.

Orzamento: 16.631,72 €.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez,1-4º, 32872 Ourense, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 12 de xullo de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense