Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2018/349-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS PSY804, CT Nores.

Situación: Vilaboa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 1.525 metros de lonxitude, con orixe no punto de acceso existente na LMT PSY804 e final no centro de transformación existente Caeiro (36CWN9), unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado Nores. Centro de transformación a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado en Callesa, na estrada de Nores, Vilaboa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 7 de agosto de 2018

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 135/2017; DOG núm. 18, do 25.1.2018)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Vilaboa; paraxe: Callesa; titular: Hermitas Rotea Rosendo; afección: 10,03 m2 de solo para o centro de transformación e 6,04 m2 para canalización subterránea.

Predio 2. Municipio: Vilaboa; paraxe: Callesa; titular: Miguel Antonio Collazo Corbacho; afección: 10,65 m2 de solo para o centro de transformación e 5,44 m2 para canalización subterránea.