Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) (procedemento BS403E).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2018, a través da Orde do 27 de xuño de 2018 (DOG núm. 131, do 10 de xullo), axudas destinadas ao investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 27 de xuño de 2018 e no artigo 8 determínase a documentación necesaria que se deberá xuntar ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo o artigo 7.3 da Orde do 27 de xuño de 2018 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade local solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, e tal como sinala o artigo 14 da Orde do 27 de xuño de convocatoria das axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.6 da Orde do 27 de xuño de 2018, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a través da conta de correo asesoriaxuridica.menores.ourense@xunta.gal ou do teléfono 988 38 61 21.

Ourense, 28 de agosto de 2018

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS403E

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

OU-2018/1

Concello de Riós

P3207200A

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a que se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

Con posterioridade á presentación da solicitude, presentouse como documentación complementaria certificación do secretario-interventor do concello da consignación orzamentaria por importe de 1.622,22 € para facer fronte os gastos que supón o proxecto presentado. Dado que na solicitude presentada o orzamento solicitado é o 100 % do orzamento previsto, cómpre aclarar se o concello vai facer unha achega propia, especificando o seu importe, por un lado, e o importe da axuda solicitada, por outro, remitindo a certificación correspondente.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración. Este aspecto non se recolle na memoria presentada.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2018/2

Concello de San Cibrao das Viñas

P3207600B

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración. Este aspecto non se recolle na memoria presentada.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2018/3

Concello de Ramirás

P3206900G

2. Orzamento detallado de todos os conceptos (xogos para o exterior, contos...) para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

3. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Equipamento: cómpre aclarar o destino da partida que se recolle no orzamento consistente en colocación de recubrimento de madeira en parede de pedra para maior seguridade dos nenos, no sentido de especificar se a dita partida implica a realización dunha obra e, en caso afirmativo, especificar en que consiste detalladamente esta.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2018/6

Concello de Boborás

P3201400C

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a que se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración. Neste sentido, no proxecto de mellora e equipamento remitido especifícase que o dito equipamento-material didáctico e de xogo supón unha mellora do PAI, un valor engadido para a atención dos nenos e nenas, xa que actualmente carece del ou, no caso dos xoguetes e libros, que se deterioraron polo uso, sendo preciso a súa substitución e renovación.

Cómpre especificar detalladamente que equipamento en concreto supón unha mellora ou nova adquisición, e cal supón unha substitución polo uso ou deterioración.

3. Orzamento detallado de todos os conceptos (xogos para o exterior, contos...) para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2018/7

Concello de Arnoia

P3200400D

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a que se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

A certificación remitida xunto coa solicitude é unha certificación xenérica da existencia nos orzamentos da corporación local da contía de 20.000 € para facer fronte ás posibles achegas municipais en servizos sociais e educativos. Cómpre que se remita unha nova certificación en que se especifique a contía exacta da achega que se compromete efectivamente a achegar a corporación local para a finalidade para a que se solicita a axuda.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración. Este aspecto non se recolle na memoria presentada.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2018/8

Concello de Vilar de Santos

P3209100A

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración. Este aspecto non se recolle na memoria presentada.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos (xogos para o exterior, contos...) para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

3. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Obras: na memoria remitida recóllese un orzamento de obras que inclúe o importe da execución material máis o 21 % de IVE, pero non inclúe os conceptos de gastos xerais (13 %) e beneficio industrial (6 %) respecto da execución material. Cómpre aclarar se é correcto ou se, pola contra, for preciso incluír estes conceptos, especificarase a canto ascende o total do orzamento por obras e, en consecuencia, modificararas o orzamento total previsto e o orzamento solicitado na solicitude inicialmente presentada.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2018/10

Concello de Celanova

P3202500I

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

2. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Obras: inclúese dentro deste punto a partida 3 do orzamento consistente en partida alzada de aboamento íntegro para execución de medidas de seguridade e saúde na obra. Cómpre especificar detalladamente as actuacións concretas que comprende esta partida.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

OU-2018/12

Concello de Melón

P3204700C

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a que se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, este concello non presentou memoria xustificativa.

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto.

– Por outro lado, na memoria debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

3. De ser o caso, certificación acreditativa de este concello iniciou a tramitación administrativa para a obtención do permiso de inicio de actividades para a posta en marcha da escola infantil/ PAI para o que se solicita a axuda e de que, unha vez obtido este, se procederá á posta en marcha do servizo para o curso 2018/19.

4. Orzamento detallado de todos os conceptos (xogos para o exterior, contos...) para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.