Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) (procedemento BS403E).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2018, a través da Orde do 27 de xuño de 2018 (DOG núm. 131, do 10 de xullo), axudas destinadas ao investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % de Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 27 de xuño de 2018, e no artigo 8 determínase a documentación necesaria que se deberá xuntar ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo o artigo 7.3 da Orde do 27 de xuño de 2018 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade local solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, e tal como sinala o artigo 14 da Orde do 27 de xuño de convocatoria das axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.6 da Orde do 27 de xuño de 2018, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a través da conta de correo familia.ctb.vigo@xunta.gal ou do teléfono 986 81 77 04.

Vigo, 28 de agosto de 2018

A xefa territorial de Vigo
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS403E

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403E-PO-2018-1

Concello de Catoira

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas e a prestación do servizo porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións e de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha mera substitución por uso ou deterioración.

– Aclaración dos seguintes puntos: inclúese dentro das obras propostas o seguinte concepto «ampliación e adecuación de patio cuberto exterior da Escola Infantil de Catoira». Cómpre especificar detalladamente as actuacións concretas que se van realizar en cada unha das actuacións e en que consiste a mellora que implica as actuacións propostas na memoria presentada. A memoria achegada fai referencia a diversos elementos estruturais (piares, vigas, zapatas,...) que, de conformidade co código técnico, exixen a elaboración do correspondente proxecto.

– Clarexamento do seguinte extremo: na memoria inclúense determinados elementos de gran volume: ximnasio mini, castelo medieval e estrutura 8 en 1. Cómpre explicitar se se trata de material para o interior da escola ou equipamento para o patio exterior.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non fosen xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2018-02

Concello de Vilanova de Arousa

– Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia do concello. Neste sentido, a orde citada establece que «se financiará ata o 100 % do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as destinadas á realización de obras, e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías». Na solicitude presentada indícase que se achega a devandita certificación, pero unicamente se inclúe unha declaración do alcalde referente a que o concello «se compromete a achegar a porcentaxe do orzamento do proxecto que lle corresponda». No caso de que o concello faga unha achega orzamentaria, deberá indicarse a contía concreta establecida nos orzamentos.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións e de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

Ademais, en relación ao mobiliario solicitado, na memoria faise referencia a un aumento no número de prazas. No RUEPSS (Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais) indícase que a escola ten 94 prazas autorizadas. Debe acreditarse un aumento no número de prazas autorizadas que xustifique a adquisición do equipamento.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha mera substitución por uso ou deterioración.

– Aclaración dos seguintes puntos: cómpre aclarar os equipamentos indicados no orzamento que se van instalar no exterior.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non fosen xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2018-4

Concello de Ponteareas

– Anexo I da solicitude debidamente cuberto: na previsión de gastos do modelo achegado inclúese a petición como equipamento, pero a memoria fai referencia a obras menores.

Por outra banda, debe formalizarse o punto de «orzamento previsto» que fai referencia ao custo total da actuación que se vai realizar. No caso de que o concello non teña previsto realizar achega orzamentaria e o custo non supere as contías recollidas na orde reguladora, este orzamento coincidirá co «orzamento solicitado»

BS403E-PO-2018-5

Concello de Rodeiro

– Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate. Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto».

– Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia do concello, asinada por persoal competente.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Orzamento detallado de todos os conceptos para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non fosen xa obxecto desta subvención.

BS403E-PO-2018-6

Concello da Estrada

– Anexo I da solicitude debidamente cuberto: na previsión de gastos do modelo achegado inclúese a petición como equipamento, pero os conceptos descritos e recollidos na memoria semellan recollidos na letra c) do artigo 4.1 da Orde reguladora: «c) Dotación de conexión á internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula, tales como ordenador, pizarra dixital, grabadoras, cámaras de vídeos ou similares».

– Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia do concello. Na solicitude presentada, o orzamento solicitado para a pantalla portátil é de 142,69, pero o orzamento previsto e recollido na memoria ascende a 516,20 € polo que cómpre que se remita a correspondente certificación da achega do concello como mínimo pola diferenza entre a cantidade solicitada e a consignada no orzamento recollido na memoria presentada.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha mera substitución por uso ou deterioración.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non fosen xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2018-7

Concello de Valga

– Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate. Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto». Debe acreditarse que as obras propostas supoñen un valor engadido para a atención dos nenos e nenas ou a unha mellora substancial das súas prestacións e de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha mera substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que os electrodomésticos propostos supoñen un valor engadido para a prestación do servizo, ben porque se carecía deles ou porque a súa adquisición responde á mellora substancial das prestacións, e de que non se trata dunha mera substitución por deterioración.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán as actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non foran xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2018-9

Concello de Campolameiro

– Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate.

Incluirase un orzamento detallado da actuación para a que se solicita a axuda, con especificación das súas características, número de unidades e prezo.

BS403E-PO-2018-10

Concello de Sanxenxo

– Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate. Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. O anexo I fai referencia a unha obra para o peche do patio dunha escola infantil, pero non se inclúe esta actuación da memoria. Ademais, a memoria debe ir asinada por persoal competente ou, polo menos, acompañarse do visto e prace do alcalde.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións e de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Orzamento detallado de todos os conceptos para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo e especificando, en todo caso, se os prezos indicados inclúen o IVE.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non fosen xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2018-11

Concello de Ribadumia

– Acreditación de que a obra proposta mellora a accesibilidade ou dota o edificio dos servizos necesarios e de que non se trata de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a mera substitución de materiais deteriorados polo uso.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións e de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha mera substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que os electrodomésticos propostos supoñen un valor engadido para a prestación do servizo, ben porque se carecía deles ou porque a súa adquisición responde á mellora substancial das prestacións, e de que non se trata dunha mera substitución por deterioración.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non fosen xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2018-12

Concello da Cañiza

– Aclaración do seguinte extremo: a instalación dos aparellos de aire acondicionado, xa que semella que se trata dunha actuación encaixable como obra menor e non como adquisición de equipamento. Cómpre especificar detalladamente as actuacións concretas que se van realizar.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2018-13

Concello de Vilagarcía de Arousa

– Anexo I da solicitude de axuda: no punto correspondente á previsión de gastos, o orzamento solicitado para o equipamento da escola infantil supera ao orzamento previsto.

Por outra banda, á vista da memoria presentada, semella que parte do equipamento solicitado sería encaixable como «conexión á internet e/ou compra de dispositivos de novas tecnoloxías».

– Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia do concello. Neste sentido, a orde citada establece que «se financiará ata o 100 % do investimento subvencionable e unha contía máxima por cada centro de 20.000 euros para as destinadas á realización de obras, e de 15.000 euros para as destinadas á compra de equipamento e mais á integración das novas tecnoloxías». Na solicitude presentada, as cantidades previstas exceden as cantidades máximas subvencionables (o orzamento previsto para obras ascende a 48.333,75 €) polo que cómpre que se remita a correspondente certificación da achega do concello, como mínimo, pola diferenza entre as cantidades subvencionables e as cantidades consignadas no orzamento recollido na memoria presentada.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións e de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha mera substitución por uso ou deterioración.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano. Unicamente se financiarán actuacións distintas da compra de material didáctico e de xogo e que non fosen xa obxecto desta subvención.

A dita documentación deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa remitida.

BS403E-PO-2018-13

Concello de Mos

– Documentación acreditativa da titularidade e xestión da EI A Veigadaña, xa que na memoria se indica que se trata dunha escola que xestiona o Consorcio Galego de Servizos Sociais.

Certificación acreditativa de que por parte do concello se ten feito toda a tramitación administrativa para a obtención do permiso de inicio de actividades para a posta en marcha da escola infantil para a que se solicita a axuda e de que, unha vez obtido este documento, se vai a proceder á posta en marcha da escola infantil para o curso 2018/2019.

– Acreditación de que o mobiliario proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas para a prestación do servizo porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora substancial das súas prestacións e de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

– Acreditación de que o material didáctico e de xogo proposto supón un valor engadido para a atención dos nenos e nenas porque a súa compra obedece á súa inexistencia anterior no centro ou a unha mellora desde o punto de vista educativo, de que non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración e de que a súa adquisición se realizará aplicando a perspectiva de xénero.

– Acreditación de que a compra dos dispositivos TIC non responde a unha mera substitución por uso ou deterioración.

– Aclaración dos seguintes puntos: cómpre achegar un orzamento detallado das obras que se van realizar especificando as actuacións concretas, prezo unitario... También debe acreditarse que non se trata dunha obra de mantemento.

En ningún caso serán subvencionables os gastos derivados de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso. Tampouco se considerará subvencionable o material consumible ou non inventariable, entendendo por tal aquel cuxa duración estimada sexa inferior a un ano.