Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) (procedemento BS403E).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2018, a través da Orde do 27 de xuño de 2018 (DOG núm. 131, do 10 de xullo), axudas destinadas ao investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 27 de xuño de 2018 e no artigo 8 determínase a documentación necesaria que se deberá xuntar ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo o artigo 7.3 da Orde do 27 de xuño de 2018 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade local solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, e tal como sinala o artigo 14 Orde do 27 de xuño de convocatoria das axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.6 da Orde do 27 de xuño de 2018, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a través da conta de correo xefaturaterritorial.ctb.lugo@xunta.gal ou do teléfono 982 29 44 42.

Lugo, 28 de agosto de 2018

Mª Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS403E

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

BS403E-LU-2018/1

Concello de Vilalba

P2706500B

1. Orzamento detallado de todos os conceptos (mobiliario e material didáctico para talleres) para os que se solicita a axuda, con especificación do número de unidades e prezo de cada elemento que se vai adquirir.

2. Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2018/2

Concello de Viveiro

P2706700H

1. Este concello presentou unha memoria xustificativa asinada polo director de servizos sociais do concello, na memoria presentada debe quedar acreditado que as actuacións propostas (adquisición de material didáctico e de dispositivos de novas tecnoloxías) supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2018/5

Concello da Pontenova

P2704800H

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a que se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Este concello presentou unha memoria xustificativa asinada polo alcalde do concello, na memoria presentada debe quedar acreditado que as actuacións propostas (pintado da parede, adquisición de alfombra puzzle) supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2018/7

Concello de Monforte de Lemos

P2703100D

1. Orzamento detallado de todos os conceptos (kit de valados móbiles infantís, portas, terminais e pechadura) para os que se solicita a axuda, con especificación do prezo de cada elemento que se va adquirir.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2018/8

Concello de Lourenzá

P2702700B

1. Este concello presentou unha memoria xustificativa co visto e prace da alcaldesa do concello, na memoria presentada debe quedar acreditado que as actuacións propostas (adquisición de mobiliario, material didáctico e de xogo) supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2018/9

Concello de Trabada

P2706100A

1. Certificación acreditativa de que este concello iniciou a tramitación administrativa para a obtención do permiso de inicio de actividades para a posta en marcha da escola infantil/ PAI para o que se solicita a axuda e de que, unha vez obtido este, procederase á posta en marcha do servizo para o curso 2018/2019.

BS403E-LU-2018/10

Concello de Palas de Rei

P2704000E

1. Este concello presentou unha memoria xustificativa asinada polo enxeñeiro técnico municipal do concello, na memoria presentada debe quedar acreditado que as actuacións propostas (reparación de teitos) supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata de actuacións de mantemento xeral das infraestruturas nin a simple substitución de materiais deteriorados polo uso.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2018/13

Concello de Carballedo

P2700900J

1. Este concello presentou unha memoria xustificativa asinada pola educadora familiar do concello, na memoria presentada debe quedar acreditado que as actuacións propostas (adquisición de mobiliario, material didáctico e de xogo) supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2018/15

Concello de Guitiriz

P2702200C

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinen a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2018/16

Concello de Castro de Rei

P2701000H

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a que se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Por parte dese concello presentouse unha memoria xustificativa carente de sinatura, polo que deberá ser asinada polo persoal competente do concello, ou no seu defecto, contar co visto e prace do alcalde.

BS403E-LU-2018/17

Concello de Guntín

P2702300A

1. Certificación acreditativa de que por parte dese concello se ten iniciada a tramitación administrativa para a obtención do permiso de inicio de actividades para a posta en marcha da escola infantil/ PAI para o que se solicita a axuda e de que unha vez obtido este procederase á posta en marcha do servizo para o curso 2018/2019.

BS403E-LU-2018/18

Concello de Abadín

P2700100G

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sostibilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinen a memoria xustificativa presentada.

BS403E-LU-2018/19

Concello de Muras

P2703300J

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a que se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os que se solicita a axuda (mobiliario de xogo para espazo exterior, pizarra dixital e soporte), con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos apartados anteriores deberá vir asinada pola mesma ou mesmas persoas que asinen a memoria xustificativa presentada.

3. Subsanación da solicitude, anexo I (continuación), xa que na previsión de gastos o orzamento solicitado é superior ao orzamento previsto.