Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e se convocan para o ano 2018 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020) (procedemento BS403E).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2018, a través da Orde do 27 de xuño de 2018 (DOG núm. 131, do 10 de xullo), axudas destinadas ao investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % de Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde de do 27 de xuño de 2018, e no artigo 8 determínase a documentación necesaria que se deberá xuntar ao anexo da solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo o artigo 7.3 da Orde do 27 de xuño de 2018 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade local solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, e tal como sinala o artigo 14 Orde do 27 de xuño de convocatoria das axudas, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.6 da Orde do 27 de xuño de 2018, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o faceren, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse ao servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a través da conta de correo administrativos.familia.coruna@xunta.gal ou do teléfono 981 18 57 55.

A Coruña, 28 de agosto de 2018

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS403E

Nº de expediente

Solicitante

NIF

Documentación requirida

CO-2018/1

Concello de Boimorto

P1501000B

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración no caso do mobiliario.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos no caso das obras menores.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/2

Concello de Corcubión

P1502800D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración, especialmente no caso do equipamento e da compra de dispositivos de novas tecnoloxías.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/5

Concello de Betanzos

P1500900D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa sen asinar.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2018/8

Concello de Ribeira

P1507400H

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/9

Concello de Padrón

P1506600D

– Neste sentido, por ese concello presentou unha memoria valorada asinada por un arquitecto, pero a memoria xustificativa deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace do alcalde.

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

2. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Obras, inclúense dentro deste punto conceptos que xa foron financiados o ano pasado ou parecen ser continuación do mesmo proxecto.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2018/10

Concello de Bergondo

P1500800F

1. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/11

Concello de Negreira

P1505700C

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración no caso do equipamento.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/12

Concello de Tordoia

P1508500D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración, sobre todo no caso da compra de dispositivos de novas tecnoloxías.

2. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Obras: aclaración da situación actual e da inexistencia da obra que se solicita (cómpre especificar detalladamente as actuacións concretas que se realizarán en cada unha das propostas e as melloras que implican).

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/13

Concello de Melide

P1504700D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, por parte dese concello presentouse unha memoria xustificativa do equipamento e das novas tecnoloxías sen asinar.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2018/15

Concello de Cabana de Bergantiños

P1501400D

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa sen asinar e incompleta.

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

3. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Como orzamento previsto para obras menores establecen 20.000,01 euros, sendo o orzamento solicitado 20.000.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/16

Concello de Mañón

P1504500H

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa incompleta e sen asinar.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/17

Concello de Valdoviño

P1508800H

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa relativa exclusivamente ás obras menores, faltando a memoria xustificativa do equipamento e de novas tecnoloxías cos seus respectivos orzamentos detallados.

3. Aclaración dos seguintes aspectos:

– O orzamento previsto e o orzamento solicitado coinciden; porén preséntase un compromiso de achega económica municipal dun 10 % do orzamento.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen as memorias xustificativas que faltan.

CO-2018/18

Concello da Baña

P15000700H

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración, especialmente no caso do equipamento e da compra de dispositivos de novas tecnoloxías.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/20

Concello de Trazo

P1508700J

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

2. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Obras (cómpre especificar detalladamente as actuacións concretas que se realizarán en cada unha das propostas e as melloras que implican).

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/24

Concello de Vedra

P1509000D

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

3. Orzamento detallado de todos os conceptos para os que se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/25

Concello de Lousame

P1504300C

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, e concello presentou unha memoria xustificativa asinada polo arquitecto técnico municipal, pero esta deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace da alcaldesa.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2018/26

Concello de Touro

P1508600B

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa asinada por enxeñeiro técnico industrial, pero esta deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace do alcalde.

2. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Solicítase unha cantidade superior aos 15.000 euros establecidos no artigo 4.4 da orde de convocatoria para compra de equipamento.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2018/27

Concello de Neda

P1505600E

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa asinada polo arquitecto municipal, pero esta deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace do alcalde.

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

2. Certificación acreditativa de que ese concello iniciou a tramitación administrativa para a obtención do permiso de inicio de actividades para a posta en marcha da escola infantil/PAI para o cal se solicita a axuda e de que, unha vez obtido este, se procederá á posta en marcha do servizo para o curso 2018/19.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2018/28

Concello de Val do Dubra

P1508900F

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas no caso do investimento solicitado para obras menores supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/29

Concello de Abegondo

P1500100A

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa sen asinar.

CO-2018/30

Concello de Cabanas

P1501500A

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado de xeito individualizado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración sobre todo no caso do equipamento e compra de dispositivos de novas tecnoloxías.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/31

Concello de Cerceda

P1502400C

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa sen asinar.

– Por outro lado, debe quedar acreditado de xeito individualizado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2018/32

Concello de Cariño

P1509500C

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa asinada polo enxeñeiro técnico municipal, pero esta deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace do alcalde.

– Sempre que a actuación proposta teña impacto de xénero desde o punto de vista da atención prestada aos nenos e nenas, a memoria recollerá expresamente como se atende este aspecto. Neste caso a memoria presentada non o recolle.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

3. Aclaración dos conceptos polos cales se pretende realizar o investimento, xa que difire a súa clasificación na solicitude e na memoria valorada (na solicitude aparece como equipamento o que na memoria aparece como obras menores).

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinen a memoria xustificativa.

CO-2018/33

Concello de Miño

P1504900J

1. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración.

2. Orzamento detallado de todos os conceptos para os cales se solicita a axuda, con especificación de cada elemento que se vai adquirir, número de unidades e prezo.

3. Aclaración dos seguintes aspectos:

– Equipamento, cómpre aclarar o gasto en eficiencia enerxética (acumuladores) que xa foi obxecto de axuda no ano 2017.

A documentación relacionada nos puntos anteriores deberá vir asinada pola mesma persoa ou persoas que asinaron a memoria xustificativa presentada.

CO-2018/34

Concello de San Sadurniño

P1507700A

1. Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local da cantidade específica destinada á finalidade para a cal se solicita a axuda, de propoñerse unha achega orzamentaria propia. Debe especificarse para que partida de gasto dos solicitados se destinaría a achega.

2. Memoria xustificativa, asinada polo persoal competente da corporación local, da necesidade da actuación proposta e da súa incidencia na mellora da infraestrutura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia ou sustentabilidade no consumo de recursos e/ou na mellora da calidade da atención prestada ás nenas e nenos segundo o tipo de actuación de que se trate:

– Neste sentido, ese concello presentou unha memoria xustificativa asinada por un arquitecto, pero esta deberá ser asinada polo persoal competente do concello ou, na súa falta, contar co visto e prace do alcalde.

– Por outro lado, debe quedar acreditado que as actuacións propostas supoñen unha mellora substancial das prestacións e non se trata dunha mera substitución por uso ou deterioración, sobre todo no caso da compra de dispositivos de novas tecnoloxías.