Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 6 de setembro de 2018 Páx. 40195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se notifica o interesado no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 163/2018, interposto contra a resolución do recurso de alzada ditada no expediente sancionador MON-LU-0012/2015-CAF.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderá publicarse un anuncio no boletín oficial da comunidade autónoma.

Unha vez tentada a notificación no último domicilio coñecido e despois de ter sido devolta polo servizo de Correos, comunícase a Manuel Ángel Jove Losada que se está a tramitar recurso contencioso-administrativo contra a resolución do recurso de alzada ditada no expediente sancionador MON-LU-0012/2015-CAF.

En consecuencia, esta subdirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notificar o emprazamento a Manuel Ángel Jove Losada para que poida comparecer como parte no prazo de nove (9) días, que comezarán a contar a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal