Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2018 Páx. 41897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento de documentación do expediente PE 401B 2018/482-5.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de emenda de documentación do expediente PE 401B 2018/482-5.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar a documentación requirida computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do requirimento e constancia de tal coñecemento.

De non acreditar o que se lle require, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, previa resolución ditada de acordo co disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 29 de agosto de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PE 401B 2018/482-5

Amado Álvarez Gándara

76899483H

Requirimento

Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 2, andar 4º D.

36780 A Guarda, Pontevedra