Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2018 Páx. 42004

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2018 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301K).

Mediante a Orde do 16 de marzo de 2018, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 61, do 27 de marzo, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

No seu artigo 37 recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.41.323A.460.1, 09.41.323A.471.0 e 09.41.323A.481.0, cunha contía inicial de 26.624.186,02 euros distribuída entre as anualidades 2018 (13.771.967,11 euros) e 2019 (12.852.218,91 euros) correspondentes a fondos finalistas do Estado.

No mesmo artigo 37 e na disposición adicional primeira da devandita orde establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, faise necesario realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG número 20, do 29 de xaneiro) cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente aos exercicios de 2018 e 2019, redistribuíndo o antedito crédito da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2018

Anualidade 2019

Importe total

09.41.323A.460.1

1.038.435,74

1.753.722,60

2.792.158,34

09.41.323A.471.0

9.762.871,28

8.386.211,96

18.149.083,24

09.41.323A.481.0

2.970.660,09

2.712.284,35

5.682.944,44

Total

13.771.967,11

12.852.218,91

26.624.186,02

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral