Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42149

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Mediante Resolución do 1 de marzo de 2018 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 13 de marzo) convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

Por Resolución do 18 de xuño de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 29 de xuño) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as por categoría, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición, único para a categoría, será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no apartado 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas por categoría, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo para o acceso ás categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, que se relacionan no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade en data 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2018.

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Grupo técnico da función administrativa

Presidenta titular

Balboa Salgado, Carmen

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Secretaria titular

Afonso Barral, Mª del Mar

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Fernández Peña, Ana Inés

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

López García, Alejandro Ramón

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Solar Jimeno, Natalia

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia-escala de letrados

Presidente suplente

Martínez Blanco, Ramón

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Secretaria suplente

Rúa Moure, Mª Jesús

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Abalo Martínez, Susana

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Beiras Padella, José Luis

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Rouco Rey, Juan Enrique

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Grupo de xestión da función administrativa

Presidenta titular

Mouriz Fernández, María Esmeralda

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia-escala de letrados

Secretario titular

Potel Villar, Daniel

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal titular

López López, Manuel José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Feijoo Lorenzo, Mª del Carmen

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal titular

Negreira Vidal, Silvia

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Presidenta suplente

Garrido Dapena, Belén

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Secretaria suplente

Escudero González, Alejandra

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal suplente

López López, Isabel

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal suplente

Olleros González, Concepción

Persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal suplente

Vázquez Costa, Mª del Mar

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa