Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42152

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomea o tribunal cualificador no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Mediante Resolución do 1 de marzo de 2018 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 12 de marzo) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria.

Por Resolución do 18 de xuño de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 124, do 29 de xuño) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición, único para a categoría, será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no apartado 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro

Declarar, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo

Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo para o acceso á categoría de técnico/a superior en documentación sanitaria e que se relacionan no anexo desta resolución.

Terceiro

Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade en data 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto

Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Técnico/a superior en documentación sanitaria

Presidente/a titular

Rey García, Gloria María

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Secretario/a titular

García Caeiro, Javier

Persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia

Vogal titular

Castro Villares, Manuel Luis

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Vogal titular

Fidalgo Francisco, Alberto

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Vogal titular

Vaquero Rodrigo, Raquel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Presidente/a suplente

Otero Varela, José Ángel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Secretario/a suplente

Morán Losada, Francisco

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Castro Calvo, Ramón

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Vogal suplente

Carbajo Vicente, Ana Marta

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Vogal Suplente

García de la Infanta, Román Fernando

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica