Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42280

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de setembro de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 8 de agosto de 2018, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-201/17, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle a titular que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ó público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas, de acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de setembro de 2018

Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-201/17.

Denunciada: María Luisa Barcia Lence.

NIF: 32438298H.

Establecemento: Finca Feliz.

Enderezo: estrada DP-4804, nº 11-12.

Localidade: Paderne.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 8 de agosto de 2018.

Sanción:

Multa de novecentos un euros (901 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: setecentos vinte con oitenta euros (720,80 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: cincocentos corenta con sesenta euros (540,60 €).