Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42123

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 30 de agosto de 2018 pola que se convoca e se establece o procedemento de adxudicación de prazas do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada para o curso 2018/19.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece, no seu artigo 3, os obxectivos do sistema galego de servizos sociais, incluíndo entre estes o de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia no cal se desenvolven as persoas.

Así mesmo, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública o de atender, apoiar e protexer as familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

Por último, o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, atribúelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica o exercicio das políticas públicas de apoio á familia e á infancia, así como a promoción e adopción das medidas de conciliación que garanten un ambiente favorable para o libre desenvolvemento das familias.

Neste contexto, a Administración autonómica conta cunha rede propia de escolas infantís 0-3 e contribúe ao financiamento das escolas de titularidade municipal e de entidades de iniciativa social, que amplían e complementan a rede de recursos de atención á infancia sostida con fondos públicos.

Así mesmo, a consellería conta co programa do Bono concilia, consistente nunha axuda económica directa ás familias para o pago total ou parcial dunha praza nunha escola infantil privada da súa elección. Esta axuda está destinada a aquelas familias que non obtivesen praza nunha escola pública ou financiada con fondos públicos e marcasen a opción do Bono concilia na súa solicitude, e a aquelas outras que residan en localidades que carezan de prazas públicas.

Pola súa vez, co fin de darlle unha solución eficaz e concreta ao volume das listas de espera que se concentran na rede pública de escolas infantís das sete grandes cidades e, por extensión, ás dos concellos das súas respectivas áreas de influencia, no curso 2015/16 púxose en marcha un concerto de prazas en escolas infantís de titularidade privada dirixido ás persoas solicitantes que non obtivesen praza en ningunha das escolas da rede pública autonómica.

Co fin de dar continuidade a este programa, no presente ano 2018 publícase un novo contrato para a prestación do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada en diversos concellos de Galicia.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar e establecer o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís que resultaron adxudicatarias da prestación do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada nas sete grandes cidades e nos concellos da súa área de influencia, así como no concello de Monforte de Lemos (Lugo) (código BS402G). A relación destas escolas recóllese no anexo III.

Artigo 2. Persoas adxudicatarias

Poderá adxudicarse unha praza do servizo de educación infantil 0-3 anos en escolas infantís de titularidade privada aos nenos e nenas que estean nos seguintes supostos:

a) Os nenos e as nenas escolarizados/as nunha praza concertada durante o curso 2017/18 para a renovación de praza, sempre que non teñan cumpridos os tres (3) anos de idade o 31 de decembro de 2018 e a escola infantil en que estaban escolarizados resultase adxudicataria do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.

b) Os nenos e as nenas de novo ingreso cun/ha irmán ou irmá que renove unha praza concertada do curso 2017/18 para o 2018/19.

c) Os nenos e as nenas solicitantes de praza de novo ingreso para o curso 2018/19 nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que queden en lista de espera por falta de prazas dispoñibles.

Artigo 3. Procedemento de adxudicación das prazas

1. Para avanzar na conciliación da vida familiar e laboral e promover o dereito á escolarización de irmáns/ás no mesmo centro, en cada escola infantil as prazas adxudicaranse seguindo a orde de prelación con que aparecen relacionadas no artigo anterior.

2. Nos supostos de solicitude de renovación, a praza será renovada na mesma escola infantil en que estivese escolarizado o neno ou a nena durante o curso 2017/18, con carácter xeral no mesmo horario e cos mesmos servizos con que fora adxudicada no dito curso, agás nos casos en que o centro non resultase adxudicatario do novo contrato.

3. De ser necesario, ás solicitudes de novo ingreso de nenos e nenas cun/ha irmán ou irmá que renove praza para o curso 2018/19 adxudicaráselles a puntuación obtida pola unidade familiar no proceso de baremación que lle deu dereito ao acceso por esta quenda ao/á fillo/a escolarizado/a durante o curso 2017/18.

4. Para optar á praza tanto no suposto de renovación como de novo ingreso previsto no artigo 2.b), é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

Artigo 4. Solicitudes e documentación

1. Para o procedemento de solicitude de praza, tanto de renovación como de novo ingreso, presentarase o modelo oficial de solicitude (anexo I).

Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e https://xunta.gal/politica-social e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II, relativo á comprobación de datos do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Certificado de discapacidade do neno ou da nena, só no caso de non ser expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.

Así mesmo, no caso de terse producido cambios respecto ao que consta na declaración do IRPF correspondente ao ano 2016 que afecten a unidade familiar e que poidan incidir no cálculo da renda desta, a persoa interesada achegará, dentro do mesmo prazo de presentación de solicitudes, aqueles documentos que os acrediten ou xustifiquen.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 5. Comprobación de datos

1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identificación de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) da persoa solicitante e do/da cónxuxe ou parella, de ser o caso, correspondente ao ano 2016.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Discapacidade do neno ou da nena recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia, de ser o caso.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 6. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. O prazo para presentar as solicitudes será de quince (15) días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil.

Artigo 7. Condicións xerais das prazas

1. Nas prazas das escolas infantís de titularidade privada adxudicatarias da prestación do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos, poderase optar, en canto que teñen a condición de públicas, por unha das seguintes modalidades de servizo:

a) Atención educativa con comedor.

b) Atención educativa sen comedor.

2. O horario para o alumnado que opte pola modalidade de servizo prevista na letra b) do punto anterior será o establecido polo centro con base nos seus criterios organizativos de funcionamento.

3. As nenas e nenos que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo en días soltos sempre que se solicite ante a dirección do centro con antelación suficiente e se aboe o prezo estipulado.

Unha vez concedida a praza de acordo co procedemento establecido nesta orde, esta manterase nas mesmas condicións durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas debidamente acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.

A permanencia do alumnado no centro non poderá superar as oito horas diarias dentro da xornada pola cal opte.

Así mesmo, o alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2018/19.

Artigo 8. Prezos

As familias usuarias dunha praza nunha das escolas infantís obxecto desta orde aboarán mensualmente á escola infantil a cota que, en aplicación dos prezos públicos fixados na normativa reguladora vixente, lle corresponda segundo a renda per cápita de unidade familiar e os descontos aplicables en cada caso.

Para determinar o importe mensual do prezo público teranse en conta as especificacións recollidas na normativa reguladora do réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes do sector público autonómico de servizos sociais vixente, a partir do cómputo da renda per cápita mensual da unidade familiar calculada seguindo as regras contidas nela.

Para estes efectos, para a presente convocatoria tomarase para o cálculo da cota a declaración do IRPF correspondente ao ano 2016.

Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de aplicar aos datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Artigo 9. Instrución do procedemento

A instrución e proposta de resolución deste procedemento correspóndelle aos servizos con competencias en materia de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

No exercicio das súas competencias, os ditos servizos comprobarán que as solicitudes presentadas reúnen os requisitos recollidos nesta orde. De non ser así, e de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistida na súa petición, logo da resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Artigo 10. Resolución do procedemento

1. A resolución de adxudicación das prazas, por proposta do servizo con competencias en materia de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, correspóndelle, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, ás persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

2. O prazo para resolver e notificar a dita resolución será de cinco meses contados desde a data de presentación da solicitude. Aquelas solicitudes que non resulten adxudicatarias quedarán na lista de agarda de orixe.

3. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interporse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interporse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa.

4. A adxudicación dunha praza en calquera das escolas privadas que participan neste programa comporta a exclusión automática da lista de espera das escolas públicas.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións destas resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel).

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Publicación das listas de persoas adxudicatarias e matrícula

1. As listas de persoas adxudicatarias, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, faranse públicas a partir do día 15 de outubro de 2018 nos taboleiros de anuncios das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como no enderezo electrónico https://xunta.gal/politica-social

2. Unha vez concedida a praza a persoa interesada deberá realizar a matrícula na escola infantil na que lle foi adxudicada mediante o modelo oficial que estará dispoñible no enderezo electrónico https://xunta.gal/politica-social, na escola infantil na que se lle adxudicou e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.

Unha vez realizada, disporá de cinco ( 5 ) días contados desde a recepción da resolución de adxudicación de praza para remitir ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da xefatura territorial que lle corresponda unha copia deste impreso.

A formalización da matrícula é imprescindible para confirmar a praza. Se non se realizase, a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

Artigo 13. Revisión do prezo

O prezo fixado inicialmente revisarase nos seguintes casos:

a) Modificación das circunstancias que determinan os descontos recollidos na normativa vixente en materia de prezos públicos.

b) Diminución ou incremento dos ingresos en máis do 20 % en cómputo anual respecto aos declarados na solicitude de praza ou, de ser o caso, nunha variación posterior. Estas variacións deberán ter unha duración mínima de seis (6) meses para ser tomadas en consideración e xustificaranse por medio da declaración do IRPF, dun certificado emitido pola Axencia Estatal de Administación Tributaria (AEAT) ou por calquera outra documentación que, a xuízo da xefatura territorial da Consellería de Política Social, xustifique e permita un novo cálculo da renda per cápita da unidade familiar.

c) Variación no número de membros da unidade familiar.

Para estes efectos, a persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza nos supostos que deron lugar ao cálculo do prezo público que se lle aplica.

A modificación do prezo será resolta pola persoa titular da xefatura territorial e aplicarase a partir do primeiro día do mes natural seguinte ao da data da correspondente resolución.

Artigo 14. Baixas

1. Será causa de baixa na escola infantil:

a) O cumprimento da idade máxima regulamentaria de permanencia no centro.

b) A solicitude das persoas proxenitoras ou representantes legais.

c) A falta de pagamento do prezo establecido durante dous meses consecutivos ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar a que se refire a débeda, sen prexuízo da reclamación desta polo procedemento administrativo de constrinximento, de acordo coa normativa en vigor de prezos públicos para as escolas infantís.

d) A comprobación de falsidade nos documentos ou nos datos achegados.

e) A incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro.

f) A falta de asistencia continuada durante quince (15) días sen causa xustificada.

2. Naqueles casos en que se produza unha falta de asistencia prolongada, deberá presentarse cunha periodicidade mensual a documentación acreditativa da causa que a produce. O incumprimento desta obriga será causa de baixa.

3. As baixas serán resoltas por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social. As motivadas polo establecido na letra e) serán resoltas pola persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, por proposta da xefa ou xefe territorial correspondente, unha vez oída a dirección do centro ao que asiste a alumna ou alumno e realizado o trámite de audiencia da/das persoa/s interesada/s. Nos demais supostos aprobarase a baixa por resolución da persoa titular da xefatura territorial de Política Social.

Disposición adicional única. Información básica sobre protección de datos

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que a cidadanía poida acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de dar a publicidade exixida do procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais ou páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

Disposición derradeira primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Política Social nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social para a resolución desta convocatoria, así como na persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para o establecido no artigo 14.1.e).

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2018

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO III

Relación de escolas infantís que ofertan prazas do servizo de educación
infantil para nenos e nenas de 0-3 anos en escolas de titularidade privada
para o curso 2018/19

Entidade

Centro

Enderezo

Concello

Provincia

Grupo de idade

Nº de prazas

A Coruña

G Matogrande, S.L.

EI Pequerrechos Cambre

Constitución 11-13 P. Marítimo
O Graxal

15670 Cambre

A Coruña

0-1

5

1-2

13

2-3

16

A Fraga
Encantada, S.C.

EI A Fraga Encantada

Pintor Lucio Muñoz, 3-B

15660 Cambre

A Coruña

0-1

4

1-2

10

2-3

20

Amelia Barallobre Carreira

Xardín de Infancia Chiquitín

Celso Emilio Ferreiro, 29-B O Temple

15679 Cambre

A Coruña

0-1

1

1-2

5

2-3

5

EI Trasnos, S.L.

EI Trasnos

Castellana, 87

15660 Cambre

A Coruña

0-1

2

1-2

13

2-3

15

Dana Coruña, S.L.

EI Dana

Pozo, 11 baixo

15005 A Coruña

A Coruña

0-1

2

1-2

6

2-3

6

Santiago de Compostela

María Belén Muíña Romay

EI Piolín de Ames

Urbanización Palmeras-Bertamiráns

15220

Ames

A Coruña

0-1

3

1-2

4

2-3

23

Sociedade Santa Apolonia, S.L.

EI Santa Apolonia II

A Rocha, Poza Real, 2

15706 Santiago de Compostela

A Coruña

0-1

5

1-2

5

2-3

5

Ferrol

Lendo e Crecendo, S.L.

EI Os Pequerrechos de Ferrol

Praza de España, 7-B-baixo

15403 Ferrol

A Coruña

0-1

2

1-2

4

2-3

4

Lugo

EI Gliemmo, Vilariño
y Pizzo, S.L.

EI Pepa Vagalume

Agro da Torna, 16-baixo

27002 Lugo

Lugo

0-1

5

1-2

5

2-3

10

Monforte de Lemos

Diego Rosales Galiñanes

EI San Vicente de Paúl

Eduardo Pondal, s/n

27080 Monforte de Lemos

Lugo

0-1

-

1-2

-

2-3

10

Ourense

Colegio Infantil
Los Tilos, S.L.

EI Los Tilos

Alfredo Brañas, 62-A

32001 Ourense

Ourense

0-1

8

1-2

12

2-3

16

Lazos Colexio Infantil, S.L.

EI Lazos

Irmáns da Xesta, 2-B

32002 Ourense

Ourense

0-1

1-2

1

2-3

1

E. Infantil
Lecer, S.L.L.

EI Lecer

Travesía de Portocarreiro, 10-12

32003 Ourense

Ourense

0-1

2

1-2

9

2-3

9

Pontevedra

Asociación G. Laboral Pipo

EI Pipo de Lérez

Pasarón, 3

36005 Pontevedra

Pontevedra

0-1

3

1-2

10

2-3

10

Parrulos, S.L.

EI Parrulos de Pontevedra

Pr. Fermín Bouza Brey, 1-B

36004 Pontevedra

Pontevedra

0-1

1

1-2

3

2-3

3

EI Bamby, S.L.U.

EI Bamby

San Roque de Abaixo, 1

36001 Pontevedra

Pontevedra

0-1

2

1-2

9

2-3

10

Vigo

Asociación Educativa Dalila

EI Integral Dalila Cangas

Lisboa, 1-B

36940 Cangas

Pontevedra

0-1

7

1-2

17

2-3

17

Caracolandia, S.L.

EI Caracol de Cangas

Paz, 10, local 2

36940 Cangas

Pontevedra

7

20

20

C Educación Infantil Esme, S.L.

C. Educación Infantil O Xardín

Ramón Couto, 27

36203 Vigo

Pontevedra

0-1

2

1-2

15

2-3

20

CE Infantil
O Xardín Hispanidad, S.L.

C. Educación Infantil O Xardín Hispanidad

Hispanidade, 46, Romil, 57 A

36203 Vigo

Pontevedra

0-1

2

1-2

15

2-3

17

Navuxil, S.L.

EI 0-3 Navuxil

Navuxil, s/n

36400 O Porriño

Pontevedra

0-1

1

1-2

5

2-3

10

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file