Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 27 de agosto de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Pilo a favor dos veciños da parroquia do Castro de Laza (San Pedro), no concello de Laza (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 29 de maio de 2018, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Pilo a favor dos veciños da parroquia do Castro de Laza (San Pedro), no concello de Laza (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 18 de abril de 2017 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería del Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños dos lugares de Tamicelas, O Castro e Naveaus, na parroquia do Castro de Laza, no que solicitan a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas O Pilo.

Segundo. Con data do 5 de setembro de 2017, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: O Pilo.

Superficie: 1,09 ha.

Pertenza: CMVMC de Tamicelas, O Castro e Naveaus.

Parroquia: O Castro de Laza (San Pedro).

Concello: Laza.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo formado por unha parte da parcela catastral seguinte:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Superficie catastral

Sup. clasificación

Uso principal

Laza

82

167

32040A082001670000FR

11.168 m2

1,09 ha

Agrario

Enténdese que os terreos obxecto da clasificación son os correspondentes a esta parcela catastral, excluíndo a superficie que se define pola liña poligonal resultante de unir os seis vértices coas coordenadas UTM que figuran no plano achegado coa solicitude.

Estremas.

a) Perímetro exterior.

Norte.

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

Laza

80

9002

Camiño

Leste.

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

Laza

80

9002

Camiño

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste).

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

Laza

82

9005

Camiño

167

Resto da parcela

9003

Camiño

Na solicitude figura como parcela lindeira a parcela 71 do polígono 16. Na sede electrónica do Catastro non figura ningunha parcela con estes datos. Probablemente se refire á construción coa referencia catastral 001607100PG26B0001PM. Non obstante, segundo a planimetría e coordenadas UTM dos vértices que figuran nela, non sería estremeira xa que existe unha porción de terreo entre esta e o monte para o que se solicita a clasificación.

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte).

Concello

Polígono

Parcela

Laza

82

166

165

164

163

162

b) Perímetro interior (encravados).

Non existen.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado O Pilo a favor dos veciños da parroquia do Castro de Laza (San Pedro), no concello de Laza (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 27 de agosto de 2018.

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense