Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2018 Páx. 42270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 27 de agosto de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Cerdedo a favor dos veciños de Lobás, na parroquia de Lobás (San Vicente), no concello de Calvos de Randín (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 29 de maio de 2018, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Nome do monte: O Cerdedo.

Superficie: 0,05 ha.

Pertenza: veciños/as de Lobás.

Parroquia: Lobás (San Vicente).

Concello: Calvos de Randín.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude son os constituídos pola parcela catastral seguinte:

Concello

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Linde

Polígono

Parcela

Calvos de Randín

14

471

32017A014004710000RP

Norte

14

470

Leste, sur e oeste

14

9013

Parcela en clasificación

Parcelas estremeiras

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 27 de agosto de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense